Ola a todxs! Son Araceli Macías García, titulada en Educación Social e actual estudante do Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria. No meu caso, irei a NICARAGUA 🛫 coa ONGD Solida a colaborar e aprender da Fundación Instituto de Liderazgo de Las Segovias a través das bolsas PCR 📗 para desenvolver o meu practicum.
O proxecto que me acollerá ten como obxectivo principal a construción dunha cultura de respeto dos dereitos de mulleres e homes, a recuperación do poder persoal de superviventes de violencia, dende o fortalecemento dos seus medios de vida e a práctica de novas masculinidades e identidades de xénero, nas zonas rurais e indíxenas de Nueva Segovia.
A miña experiencia dará comezo o 21 de Xullo 📅 e a través desta páxina intentarei compartirla con vos! 😉
#PCRUDC2017 #OCVUDC #PCRSOLIDA
No hay comentarios:
Publicar un comentario